Escoitar

VigoNature desprega no verán as "Noites de astronomía" e a de "Observación das perseidas"

O parque ambiental VigoNatura completará este verán a oferta didáctica e divulgativa cun programa de actividades relacionadas coa astronomía e coa observación do ceo durante a noite. Así o avanzou este martes o alcalde ao explicar que durante os meses de xuño, xullo e agosto desenvolveranse as iniciativas “Astronomía en VigoNature. Noites astronómicas”, “Observación das perseidas”, e distintas ofertas para coñecer mellor o sistema solar e a lúa.

martes, 28 mai 2024

Abel Caballero anunciou este martes, que dentro da transformación do Zoo no parque VigoNature, enmárcanse as seis actividades relacionadas coa astronomía e a observación nocturna do ceo, que arrincarán o próximo 8 de marzo na azotea do servizo multiusos do novo espazo ambiental e que se prolongarán ata o sábado 31 de agosto.

O rexedor sinalou que a proposta “Noites Astronómicas” ofrece 14 xornadas de observación celeste de xuño ata agosto, con 25 prazas por sesión. A isto súmase, o 12 de agosto, a observación das perseidas, “coas espectaculares bágonas de San Lorenzo, na que poderán participar un máximo de 50 persoas.

O programa tamén despregará actividades didácticas sobre o ceo nocturno, o sistema solar, a cara oculta da lúa, e o sol, ésta ´ultiima a través dun telescopio dotado con filtros especiais.

As persoas interesadas en participar nunha das observacións poden realizar a reserva a través do despacho de billetes de VigoNature, ou chamando ao teléfono 986.26.7783. O alcalde anima á cidadanía para participar a gozar da natureza de VigoNature, así como o firmamento durante as noites de verán.

Descargar todas as imaxes