Escoitar

O alcalde informa que haberá “rehabilitación integral urxente” na A-55

Abel Caballero deu a coñecer que o Ministerio de Transportes está redactando un proxecto cun importe de 6 millóns de euros para a reposición do firme na autovía entre Vigo e O Porriño, a A-55. Segundo informou o alcalde, trátase dunha licitación de emerxencia que suporá a rehabilitación integral e urxente da estrada. Amais, as obras inclúen melloras na VG-20 e unha parte da A-52. O rexedor celebra que o Goberno de España atenda as demandas de Vigo á vez que avanzan as obras da autovía en túnel entre Vigo e O Porriño “para que conecte coa A-52 e Vigo terá autovía directa con Madrid”.

martes, 28 mai 2024
Descargar todas as imaxes