Escoitar

O Pleno demanda á Xunta a aprobación da ampliación do IFEVI

Os socialistas aprobaron a moción cos seus votos favorables, o apoio do BNG e a abstención do PP . O edil e voceiro, Carlos López Font, defendeu a petición de CONXEMAR “porque todo o espazo que se foi construíndo foi cuberto sempre, tendo aínda máis solicitude de espazo”.

luns, 27 mai 2024

O Pleno aprobou a moción do Grupo Socialista na que se insta ao goberno da Xunta a aprobar, con carácter urxente, a ampliación do recinto feiral, IFEVI, para dar así cumprida a petición de CONXEMAR.

O concelleiro voceiro do Grupo Municipal Socialista, Carlos López Font, defendeu CONXEMAR como o evento máis importante e que anualmente se celebra no IFEVI. “Todo o espazo que se foi construíndo foi cuberto e sempre tendo máis solicitude de espazo”, expresou na sesión.

“A Xunta non tomou en consideración a proposta de ampliación de CONXEMAR, poñendo en risco a celebración do evento, nunha actitude irresponsable desde o punto de vista político e atentando contra os intereses económicos de Vigo, do sector da pesca e do conxelado e de Galicia”, lamentou López Font.

Con todo, a moción saíu adiante co voto favorable do PSOE e BNG, mentres que o PP se abstivo.

Descargar todas as imaxes