Escoitar

O goberno fiscaliza o cento por cento do gasto municipal

O goberno municipal de Vigo garante que o Concello mantivo en 2023 o máximo control dos gastos municipais coa fiscalización “plena”, en prazo, e cumprindo coa legalidade, de “todos” os expedientes. “Comprobamos que o feito é o contratado”, afirmou este luns o concelleiro de Orzamento e Facenda, Jaime Aneiros, na sesión en que os edís dos grupos municipais do PSOE e do BNG votaron a favor da moción socialista para instar á Xunta a que desconxele e aumente a asignación que mantén con Vigo desde fai dez anos, de 6 millóns, con cargo ao Fondo de Cooperación Local-Participación nos ingresos da administración galega.

luns, 27 mai 2024

Durante 2023 o goberno municipal de Vigo realizou máis de 68.400 actuacións de control e verificación do cumprimento da legalidade do gasto fixado nos orzamentos municipais, “o que significa que hai outras 68.400 actuacións de execucións do orzamento deste Concello e, por tanto, que se está executando todos e cada un dos expedientes de gasto”. Así o detallou hoxe o responsable da concellería de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, á vez que detallou que o Concello fiscalizou 500 contratos, executando “correctamente” os créditos orzamentarios dos capítulos 2 e 6 do orzamento municipal para desenvolver os plans deseñados polo goberno de Abel Caballero para transformar a cidade.

Aneiros indicou que entre os expedientes revisados figuran un total de 252 relativos a subvencións para verificar que cumpren coa legalidade, lembrando que o Concello concedeu o ano pasado 30 millóns de euros en axudas. A esto hai que sumar a fiscalización de 566 expedientes de recursos humanos, entre outras verificacións. “A conclusión do informe de rendición de contas é positiva porque a intervención municipal non realizou ningún reparo e non se detectaron incumprimento da legalidade no exercicio de 2023”, asegurou Aneiros ao indicar que o Concello controlou os expedientes de gasto de todas as concesionarias para comprobar que todo o feito é o contratado”.

O concelleiro contrastou a transparencia que aplica o goberno de Vigo na fiscalización e control do gasto municipal, coa política aplicada pola Xunta nesta materia.

El Concello urge a la Xunta aumentar las transferencias a Vigo

O pleno da corporación municipal de Vigo acordou hoxe, cos votos dos grupos do PSdeG-PSOE e do BNG, demandar á Xunta que aumente as contías asignadas a Vigo con cargo ao Fondo de Cooperación Local-Participación nos ingresos da Xunta, na liña de aproximarse aos ingresos que realiza o Goberno estatal. O concelleiro de Orzamentos e Facenda afirmou que a pesar de que Vigo conta co 31 por cento da poboación da provincia de Pontevedra e o 11 por cento da de Galicia, as transferencias da Xunta están conxeladas en 6 millóns de euros desde fai dez anos. “É tempo de que a Xunta revise a distribución dos fondos que achega aos concellos e singularmente ao de Vigo”, reclamou.

Jaime Aneiros, tras cualificar de “ridícula” a participación de Vigo nos fondos, lembrou que a comarca de Vigo concentra o maior volume de empresas de Galicia co 19 por cento, así como que a comarca lidera o Produto Interior Bruto con máis de 10.700 millóns e conta cun Valor Engadido Bruto de máis de 4.200 millóns de euros. “Non se entende como unha cidade como Vigo ten conxelado os seus ingresos desde hai unha década”, reivindicou o edil, ao apuntar que a situación é aínda máis incomprensible se se ten en conta de que a Xunta conta coa maior achega do Estado. “O maior financiamento non chega aos concellos e a Xunta non apoia aos servizos públicos de Vigo”, recalcou.

Descargar todas as imaxes