As escolas de música e artes escénicas abre en xuño a preinscrición de novo alumnado
O alcalde informou hoxe dos prazos do proceso de matriculación para o curso 2024-2025 das escolas municipais de música e artes escénicas que “son practicamente gratuítas e de altísima calidade”.
O Concello abre o próximo luns día 3 de xuño o prazo para que o alumnado actual das escolas municipais de música e artes escénicas reserve a súa praza para o próximo curso. Poderán facelo ata o 20 de xuño e terán que realizar a matrícula entre o 24 de xuño e o 5 de xullo.
No caso do alumnado novo, o período de solicitude de praza esténdese desde o 24 de xuño ao 6 de setembro. As listaxes co alumnado admitido publicaranse o 10 de setembro e poderán matricularse do 24 ao 30 de setembro de 2024.
O alcalde destacou este martes o investimento do Concello nestas ensinanzas cun orzamento que acada en 2024 os 2.225.000 euros: “son practicamente gratuítas e de altísima calidade”, sinalou. No caso da Escola de artes e oficios (EMAO), conta cun orzamento de 1.265.866 euros e está subvencionada ao cento por cento polo goberno municipal. A Escola municipal de música subvenciónase nun 70%, a Escola municipal de teatro nun 75%, a Escola Municipal de música tradicional e folk – ETRAD ten unha subvención do 90% e a Escola municipal de danza do 96%.