Escoitar

Vigo pon en marcha un programa de axudas para potenciar e facilitar o alugamento de vivendas baleiras

Abel Caballero destacou que en Vigo “existen 12.897 inmobles vacíos, xa que o seu consumo de auga nos últimos seis meses é inferior a 1m3” e dos que “case o 90% son propiedade de persoas físicas”. O obxectivo é fomentar o alugueiro de vivendas a prezo taxado coa aprobación dunha batería de axudas para promover a incorporación dos pisos vacíos ao mercado.

xoves, 30 mai 2024

O Concello pon en marcha un programa de axudas para potenciar e facilitar o alugueiro de vivendas baleiras na cidade, a “prezos accesibles para a cidadanía, por enriba de todo para a xente máis nova”, apuntalou o rexedor.

Caballero destacou que en Vigo existen 12.897 inmobles vacíos xa que o seu consumo de auga nos últimos seis meses é inferior a 1m3, dos que case o 90% son propiedade de persoas físicas. “O Concello xa recarga cun 50% do IBI a cota líquida dos inmobles residenciais desocupados propiedade de persoas xurídicas”, aclarou o alcalde.

O obxectivo é fomentar o alugueiro de vivendas a prezo taxado coa aprobación dunha batería de axudas para promover a incorporación dos pisos vacíos ao mercado. O importe anual do programa é de 150.000 euros e a duración mínima do alugueiro é de cinco anos. Poderán formar parte deste programa inmobles desocupados propiedade de persoas físicas que recibirán axudas para poñer no mercado de alugueiro a prezo taxado vivendas que, cun pequeno investimento ou unha garantía aos propietarios, poidan ofertarse en alugamento.

Entre as actuacións subvencionables inclúense:

  • 50% do valor das obras de mellora e equipamento (pintado, reparación, modificación de baños e cociñas, mellora da instalación eléctrica ou cambio de fiestras), cun máximo de 8.000 euros.
  • 100% do custo da emisión do certificado enerxético, cun máximo de 100 euros.
  • 100% do contrato dun seguro de falta de pagamento e multirisco, cun máximo de 300 euros anual, durante a duración do contrato.

Os requisitos necesarios para que as vivendas baleiras poidan agregarse o programa, son os seguintes:

  1. Estar situadas en Vigo.
  2. Non contar con residentes empadroados seis meses antes de solicitar a axuda.
  3. Non ter contrato de alugueiro seis meses antes de solicitar a axuda.
  4. Que os propietarios estean ao corrente de pago de todas as obrigacións tributarias do Concello de Vigo.
  5. Serán destinadas ao alugueiro a prezo taxado durante 5 anos, con firma dos contratos de alugueiro nun prazo máximo de 2 meses desde a finalización das obras ou de 1 mes desde a incorporación a este programa.

Abel Caballero destacou que “poderán solicitar a axuda os donos de ata 3 inmobles en Vigo e que teñan unha renda anual inferior a 70.000 euros”. Destacou ademais que a adxudicación das subvencións “será mediante concorrencia non competitiva, por orde de presentación da documentación”, agregando que, “só se poderá solicitar unha subvención por vivenda” para gastos de obras e equipamento ou certificado de eficiencia enerxética “nos 5 anos que dura o programa”.

 

 

Descargar todas as imaxes