O alcalde eloxia o traballo da Garda Civil en Vigo
Abel Caballero participou este xoves na sede de Zona Franca na I Reunión de Veteranos da Garda Civil e puxo en valor o “inmenso capital humano; a experiencia” destes axentes retirados. O rexedor ofreceu “toda a nosa cooperación” no que precise o Corpo na cidade e valorou o traballo que desempeñan que “merece cariño, respecto e aprecio”. Así, demandou “unha maior dotación de gardas civís porque somos a cidade máis importante de Galicia, cidade fronteiriza con aeroporto e ámbito rural”.



