O orzamento de Urbanismo aumenta en case 1 millón para impulsar o plan de alugueiro de vivenda baleira
O goberno local segue promovendo o programa de alugueiro de vivendas a prezo taxado para o que iniciará o próximo martes unha modificación orzamentaria de 885.130 euros, dos que 150.000 serán destinados a este programa. O resto do montante estará destinado a adquirir parcelas no entorno do Ifevi e no paseo do Lagares así como para urbanizar distintas zonas da cidade.
A Xerencia de Urbanismo aprobará o martes que vén un aumento do orzamento de 885.130 euros financiado a cargo dos aforros municipais. Un dos obxectivos desta modificación orzamentaria é poñer en marcha o programa de axudas para potenciar e facilitar o alugueiro de vivendas baleiras na cidade, iniciativa dotada con 150.000 euros. Respecto do resto do orzamento, tal e como precisou o rexedor, destinaranse 215.130 euros á adquisición de parcelas para a ampliación do Ifevi e o paseo do Lagares e 520 euros á urbanización de distintas zonas da cidade como a Praza de Moledo (Sárdoma), a Praza de Pescadores (Casco Vello), o contorno do paseo del Lagares ou o aparcamento de Becerreira (Cabral).
Programa de vivendas
Caballero detallou que en Vigo existen case 13.000 inmobles vacíos e a intención do goberno local é fomentar o alugueiro de vivendas a prezo taxado coa aprobación dunha batería de achegas para promover a incorporación de pisos baleiros ao mercado. A duración mínima do contrato de arrendamento son cinco anos e poderán formar parte deste programa inmobles desocupados propiedade de persoas físicas que recibirán axudas para poñer no mercado de alugueiro a prezo taxado vivendas que, cunha pequena inversión ou unha garantía aos propietarios, poidan ofertarse en alugamento.
A previsión é subvencionar ata o 50% do valor das obras de mellora e equipamento (pintado, reparación, modificación de baños e cociñas, mellora da instalación eléctrica ou cambio de ventás), cun máximo de 8.000 euros; o 100% do custo da emisión do certificado enerxético ou o 100% ou o 100% do contrato dun seguro de impago.