O alcalde felicita aos axentes da Policía Local pola súa actuación na rúa Tranvía
Abel Caballero recibiu aos axentes que participaron nunha actuación da rúa Tranvía. O rexedor felicitou aos dous membros da Policía Local polo bo servizo realizado e por prestar atención sempre ás demandas da cidadanía. A concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, estivo presente na recepción e tamén louvou o traballo do Corpo de Policía
