martes, 11 xuño 2024

Caballero manterá unha xuntanza co presidente de ADIF o 26 de xuño

Entre os temas a tratar estarán a concreción da liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo para a conexión directa con Madrid, a saída sur ferroviaria para o enlace Vigo-Porto en alta velocidade e o corredor atlántico de mercadorías. O alcalde comeza así unha rolda de contactos cos máximos responsables do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para avanzar nas grandes infraestruturas da cidade.

O Concello triplica a axuda económica ás feiras do libro novo e antigo, que volven á Praza de Compostela

martes, 11 xuñ 2024

O Concello triplica este ano a súa colaboración económica coas feiras do libro novo e antigo, coa concesión dunha axuda de 15.000 euros, ao tempo que recupera, “para sempre”, á Praza de Compostela como escenario do encontro entre editores, libreiros, lectores e escritores. Así o avanzou hoxe Abel Caballero ao presentar as dúas convocatorias da feira para xullo e agosto, co concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, e coa secretaria da Federación de Librerías de Galicia, Celia Fernández, e anticipar que entre os literatos que asinarán exemplares atópase Pedro Feijóo.