Escoitar

O goberno municipal atendeu en maio a 188 familias vulnerables co Programa Socio-Educativo e de Apoio Familiar

Abel Caballero explicou hoxe que o Programa Socio-Educativo e de Apoio Familiar atendeu en maio a 188 familias. “Seguimos axudando a familias en situación vulnerable e estando ao carón das persoas que o necesitan”, afirmou o rexedor.

martes, 11 xuñ 2024

O alcalde indicou este martes que o pasado mes de maio o Programa Socio-Educativo e de Apoio Familias axudou a 188 familias vulnerables, e contou con 567 usuarios, dos que 272 son menores de idade. Ademais, sinalou que o 46 por cento das familias atendidas son monoparentais femininas.

Entre as áreas de intervención atópanse as de educación familiar, traballo social, apoio psicolóxico e mediación intercultural, segundo incidiu o rexedor.

Caballero lembrou que en 2023 os 23 profesionais que cobren o programa socio-educativo atenderon a 400 familias, e a un total de 1.177 persoas, das que 550 eran menores de idade.

O Concello destinou o ano pasado 829.000 euros á actividade socio-educativa centrada nas familias vulnerables. “Seguimos aplicando política social en Vigo”, recalcou Caballero.

Descargar todas as imaxes