Caballero visita a montaxe da construción para o TAC! Festival de Arquitectura Urbana
O alcalde visitou a construción do pavillón que se asentará na Porta do Sol como sede do TAC! Festival de Arquitectura Urbana. O elemento, que ocupará o espazo de xeito temporal, acollerá distintas actividades a partir do 13 de xuño e durante un mes. Abel Caballero e a tenente de alcalde e delegada da área de Patrimonio Histórico percorreron a batea efémera cos arquitectos que lles explicaron o proceso da montaxe. Vigo foi seleccionada polo Ministerio de Vivenda para acoller este evento, "pola súa transformación no ámbito do desenvolvemento arquitectónico, urbano e a recuperación do espazo público para construír unha cidade para as persoas".




