venres, 14 xuñ 2024
Unha UTE de Telefónica vén de converterse na empresa adxudicataria dos servizos de telefonía e internet do Concello de Vigo. Este novo contrato, cun orzamento de 2,9 millóns durante 4 anos, permitirá decretar a gratuidade das chamadas ao 010 ao longo do mes de xullo.
venres, 14 xuñ 2024
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobará na reunión do próximo martes 18 de xuño o proxecto definitivo para mellorar a senda fluvial pola marxe dereita do Lagares, desde a estrada de Moledo ata a conexión co Polígono de Miraflores, así como a cesión de uso ao Concello dunha parcela de máis de 400 metros. A obra permitirá aos peóns camiñar con seguridade pola senda fluvial.
venres, 14 xuñ 2024
A Xunta Local do Goberno Municipal de Vigo adxudicou hoxe á Asociación de Mulleres Progresistas o contrato do Servizo de Axuda Domiciliaria á Infancia por importe de 412.000 euros.
venres, 14 xuñ 2024
A Porta do Sol acolleu pola mañá un obradoiro de xardinería enmarcado nas actividades do TAC! Festival de Arquitectura Urbana. O alcalde e a tenente de Alcaldía e delegada da Área de Patrimonio Histórico, Carmela Silva, achegáronse ao acto onde ducias de cidadáns participaron nesta programación coa idea de encher os balcóns de Vigo de flores. Ao longo do próximo mes desenvolveranse máis actividades ao redor da gran batea situada no centro da cidade. A programación completa pódese consultar na web do TAC! Festival de Arquitectura Urbana.
venres, 14 xuñ 2024
Abel Caballero anunciou este venres que o goberno local aprobou as bases para a convocatoria das subvencións destinadas as instalacións de campos de fútbol de titularidade privada nos que se desenvolven proxectos de interese para a cidade. As axudas contan cun importe de 250.000 euros.