O Concello adxudica o Servizo de Axuda Domiciliaria á Infancia para nais en situación de vulnerabilidade
A Xunta Local do Goberno Municipal de Vigo adxudicou hoxe á Asociación de Mulleres Progresistas o contrato do Servizo de Axuda Domiciliaria á Infancia por importe de 412.000 euros.
Abel Caballero explicou este venres que a adxudicación do contrato do Servizo de Axuda Domiciliaria á Infancia facilita o coidado temporal dos menores de 12 anos que quedan sós mentres as súas nais están traballando, potenciando “a inserción no mundo laboral das nais en situación de vulnerabilidade social”.
O rexedor recalcou que dá “moita importancia” ao servizo de axuda a infancia na casa “porque inclúe a mulleres que son vítimas de violencia machista e, por tanto, facilítalle de forma moi importante a súa vida laboral conciliada coa familiar e a atención aos seus fillos”.