luns, 10 xuñ 2024
Abel Caballero desvelou esta mañá a data da firma do convenio da construcción da nova grada de Gol, na que Concello e Deputación de Pontevedra financiarán a partes iguais os 26.304.618€.
luns, 10 xuñ 2024
Abel Caballero recibiu ao director saínte da planta de Stellantis en Vigo e a José Luis Alonso Mosquera, que se porá ao fronte da factoría viguesa. O alcalde deu a benvida ao novo directivo ao que lle manifestou que haberá "total cooperación para a interlocución co Goberno de España". Caballero constatou que "seguimos en boas mans e cun gran proxecto e gran realidade que é Stellantis Vigo".
luns, 10 xuñ 2024
As entidades sen ánimo de lucro da cidade poderán solicitar a partir de mañá a durante dez días axudas á contratación. O goberno local destina 1,4 millóns a asociacións que traballan no movemento social, veciñal, sindical, deportivo, empresarial ou das comunidades de montes.
luns, 10 xuñ 2024
O BOE publicou esta mañá a licitación da redacción do proxecto de obras para a construción do novo edifico de cultivos do IEO en Vigo. Cun investimento de 5,2 millóns, o prazo de execución está fixado en doce meses.
luns, 10 xuñ 2024
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a subvención nominativa mediante convenio coa Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, Acopovi, para financiar o ciclo de concertos.
luns, 10 xuñ 2024
O alcalde visitou a construción do pavillón que se asentará na Porta do Sol como sede do TAC! Festival de Arquitectura Urbana. O elemento, que ocupará o espazo de xeito temporal, acollerá distintas actividades a partir do 13 de xuño e durante un mes. Abel Caballero e a tenente de alcalde e delegada da área de Patrimonio Histórico percorreron a batea efémera cos arquitectos que lles explicaron o proceso da montaxe. Vigo foi seleccionada polo Ministerio de Vivenda para acoller este evento, "pola súa transformación no ámbito do desenvolvemento arquitectónico, urbano e a recuperación do espazo público para construír unha cidade para as persoas".
luns, 10 xuñ 2024
Abel Caballero recibiu aos axentes que participaron nunha actuación da rúa Tranvía. O rexedor felicitou aos dous membros da Policía Local polo bo servizo realizado e por prestar atención sempre ás demandas da cidadanía. A concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, estivo presente na recepción e tamén louvou o traballo do Corpo de Policía
luns, 10 xuñ 2024
O Auditorio Municipal será escenario o próximo 28 de xuño, a partir das 21.00 horas, do concerto “En Tránsito. Tributo a Joan Manuel Serrat”. Os irmáns Alberto e Andrés Cunha, o pianista Alberto Alonso, e o contrabajista Baldo Martínez, intepretarán os éxitos do músico que no verán de 2023 protagonizou no Auditorio de Castrelos, un dos seus últimos concertos antes da súa retirada dos escenarios. “Será un gran concerto, que estará cheo de público que o pasará moi ben”, anticipou hoxe Abel Caballero durante a presentación do espectáculo.