Escoitar

O Concello axuda a mellorar os campos de fútbol privados con proxectos de interese para a cidade

Abel Caballero anunciou este venres que o goberno local aprobou as bases para a convocatoria das subvencións destinadas as instalacións de campos de fútbol de titularidade privada nos que se desenvolven proxectos de interese para a cidade. As axudas contan cun importe de 250.000 euros.

venres, 14 xuñ 2024

O alcalde avanzou que as axudas acordadas hoxe polo goberno local para realizar melloras en instalacións de campos de fútbol de titularidade privada que realizan actividades de interese para a cidadanía de Vigo servirán para financiar un máximo do 75 por cento das actuacións que realicen. “Hai algúns campos de equipos de fútbol base de Vigo que non son do Concello senón do propio club e nós axudámoslles no mantemento e instalación", detallou.

Caballero apuntou que se trata, maioritariamente, de campos de herba artificial, cun período de uso de 8 a 10 anos e que a partir de aí teñen que ser substituídos. "O que facemos coas axudas é facilitar aos clubs da cidade que poidan instalar un céspede de máxima calidade”.

O rexedor lembrou que se fixou un prazo de 20 días para solicitar a subvención a partir da publicación da convocatoria do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Descargar todas as imaxes