Escoitar

Caballero manterá unha xuntanza co presidente de ADIF o 26 de xuño

Entre os temas a tratar estarán a concreción da liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo para a conexión directa con Madrid, a saída sur ferroviaria para o enlace Vigo-Porto en alta velocidade e o corredor atlántico de mercadorías. O alcalde comeza así unha rolda de contactos cos máximos responsables do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para avanzar nas grandes infraestruturas da cidade.

martes, 11 xuñ 2024

O alcalde avanzou que o mércores 26 de xuño manterá unha xuntanza co presidente de ADIF, Ángel Contreras, para concretar os avances ferroviarios que Abel Caballero e o ministro de Transportes, Óscar Puente, acordaron nunha xuntanza no mes de abril.

O obxectivo é dar continuidade aos temas de ámbito ferroviario que xa avanzaron co responsable do ministerio. Así, na xuntanza abordaranse temas como a liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo “para acabar co rodeo por Santiago e aforrar 100km de traxecto”. Outras das cuestións será a saída sur ferroviaria en túnel para a conexión de Vigo en alta velocidade con Porto, “un túnel que chegará ata O Porriño e xa está en marcha”, e por último tamén se porán de manifesto os avances e novidades en canto ao corredoiro atlántico de mercadorías.

Para o alcalde “esta reunión é moi importante para a cidade” e anunciou que “proximamente manterá unha xuntanza co secretario de Estado de Transportes”. “Seguimos traballando por Vigo”, concluíu.

Descargar todas as imaxes