O alcalde felicita ao alumnado do obradoiro de emprego da Mancomunidade de Vigo
Abel Caballero e Patricia Rodríguez, concelleira da Área de Seguridade, Contratación e Xestión Municipal participaron este xoves na Casa Galega da Cultura na entrega de diplomas do obradoiro mixto de emprego e formación “Maiv Dual 2023”, promovido pola Mancomunidade de Vigo e financiado con fondos europeos. O rexedor valorou como “importante, longa e completa” a formación que recibiron as arredor de trinta persoas desempregadas, das que catro veñen de atopar traballo.



