Escoitar

Máis de 3.000 estudantes participarán no programa “Visita o teu Concello”

O alcalde informou que o programa educativo adicado ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO comezará no mes de outubro.

xoves, 21 set 2023
Imaxe de arquivo
Imaxe de arquivo

Abel Caballero deu conta do inicio do programa educativo “Visita o teu Concello” no que poderán apuntarse os colexios e institutos para achegar ao alumnado o funcionamento da administración local. Esta actividade está dirixida ao estudantado de 5º e 6º de Primaria e 1º o 2º da ESO.

“Queremos familiarizar á mocidade co ámbito do goberno da cidade”, explicou o alcalde. O Concello pon a dispor dos centros educativos o transporte, o acompañamento dos rapaces e rapazas, e a explicación da institución local. Deste xeito, poderán visitar a Alcaldía, coa súa Sala de Prensa, o Salón de Plenos, a Sala de Control de Tráfico e as instalacións da Policía Local, entre outras estancias de interese. “Estarán no pleno e farán una simulación do goberno neste ámbito e na Xunta de Goberno”, exemplificou o rexedor nas súas declaracións.

Descargar todas as imaxes