xoves, 17 feb 2022
                    A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao establecemento do comité técnico que levará adiante a tramitación e execución de tódolos fondos, dos que o Concello leva solicitado xa 27,5 millóns de euros.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 14 feb 2022
                    No encontro, celebrado no Concello, puxeron sobre a mesa a “imprescindible” autovía en túnel entre Vigo e Porriño, a vontade da Xunta de Galicia de destinar dous pavillóns do Ifevi ao deporte e a necesidade de reformular os accesos ao recinto feiral de Vigo.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 7 feb 2022
                    O rexedor mantivo este luns unha reunión cunha representación da entidade, de ámbito autonómico, que aglutina a máis de 2.000 mulleres do mundo do mar.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    xoves, 13 xan 2022
                    Vigo amplía as accións en materia de transparencia e integridade na contratación pública e, segundo trasladou este xoves o alcalde, vén de publicar o Plan de Contratación Anual de 2022, crea un mapa de riscos e unha canle de alertas para que, incluso de forma anónima, se presenten suxestións, avisos ou denuncias. As medidas forman parte do premiado Plan de Integridade na Contratación Pública do Concello, aprobado hai tres anos.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    martes, 9 nov 2021
                    O Concello de Vigo recorreu tres ordes de convocatorias de subvencións  destinadas a formación laboral nas que a Xunta aplicaba unha prima do 20% máis de puntuación para os municipios adheridos á iniciativa “concellos emprendedores”.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 22 out 2021
                    Abel Caballero mantivo un encontro cun grupo de traballadoras da antiga tenda da marca situada na rúa Príncipe. Segundo lle trasladaron, foron despedidas tras o  peche do establecemento o pasado 28 de agosto. A empresa indicoulles que non podía recolocalas xa que non estaba previsto abrir outra tenda en Vigo, pero posteriormente abrírona no centro comercial Vialia. O alcalde considera que a empresa “ten que atender a estas traballadoras porque non foron tratadas con lealdade” e transmitiulles o seu apoio ante a situación na que se atopan.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    xoves, 21 out 2021
                    Abel Caballero asistiu este xoves á inauguración do V Congreso Internacional “Prevención e seguridade industrial 4.0” que organiza o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais e a Asociación de Profesionais da Seguridade e Saúde Laboral de Galicia no Círculo de Empresarios. Na súa intervención avogou pola importante responsabilidade das empresas que deben esforzarse para garantir a seguridade laboral do seu persoal ao cento por cento.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 8 out 2021
                    A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a subvención nominativa mediante convenio con Acopovi que acolle preto de 40 corais e que realiza unha “actividade cultural e social magnífica”.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    martes, 14 set 2021
                    Abel Caballero avanzou esta mañá que a organización de MINDTECH permite volver a trazar unha parte da economía que foi golpeada pola pandemia. Neste contexto felicitou a promotores e expositores pola súa “valentía”.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 27 ago 2021
                    Son dous asuntos aprobados este venres pola Xunta de Goberno Local, a transferencia de medio millón de euros costeados por Concello e Deputación para a edición deste ano do festival de deporte urbano e o abono de 250.000 euros á Vigo Convention Bureau para as accións de promoción das illas Cíes. O goberno local tamén aprobou unha achega de 37.000 euros para o programa sociolaboral da CIG.