Escoitar

O servizo de Coidadores de barrio atendeu a 260 persoas maiores no mes de outubro

Os corenta traballadores do servizo de Coidadores de barrio atenderon a 260 persoas durante o pasado mes de outubro. Con 14 novas altas, o 64,38% das persoas beneficiarias teñen entre 76 e 90 anos.

luns, 21 nov 2022

O alcalde deu conta esta mañá do balance do programa de Coidadores de barrio de outubro que este ano que vén contará cun orzamento de 570.000 euros, un 7,4% máis que en 2022, case 40.000 euros máis. Os corenta traballadores do servizo atenderon a 260 persoas e deron 14 novas altas, 9 mulleres e 5 homes.

Atendendo a ás características socio demográficas, o 64,38% das persoas beneficiarias viven soas e o 65% teñen entre 76 e 90 anos e a inmensa maioría viven en soidade. O 7,14%, teñen menos de 60 anos; o 14,28%, entre 60 e 75 anos e, finalmente, o 14,28%, conta con máis de 90 anos. Ademais, engadiu, a meirande parte – case o 80% - non teñen recoñecida discapacidade algunha.

O servizo préstase no Calvario, Casco vello, Teis, Travesas e Bouzas e a maior parte das prestacións pasan por acompañar aos beneficiarios na rúa, ben para pasear ou ben para facer recados así como xestión de trámites varios.

 

Descargar todas as imaxes