Máis de 45.000 espectadores acudiron ao acto de acendido do Nadal de Vigo
O alcalde sinalou no balance ofrecido esta mañá que a ocupación hoteleira foi “practicamente total”, sendo “case imposible conseguir unha habitación o sábado” e acompañado “dunha ocupación altísima no resto da provincia”. O bus turístico do Nadal arrincará os seus percorridos o 1 de decembro.
O pasado sábado as 19:00 horas o alcalde, Abel Caballero, pulsou o botón que acendían a iluminación do Nadal da cidade. A este “tradicional” acto acudiron máis de 45.000 asistentes na zona centro, dos cales 9.000 congregáronse nos límites da nova praza de Porta do Sol.
O evento foi cuberto por máis de 90 xornalistas de 35 medios de comunicación nacionais e internacionais. A maioría de televisións asistentes realizaron conexións en directo dende o entorno da árbore de Nadal, cobertura pola que o alcalde trasladou o seu agradecemento aos medios. A sinal en directo ofrecida polo Concello de Vigo aos medios de comunicación sumou máis de 70.000 espectadores que seguiron esta retransmisión mediante o streaming, procedentes de máis de 20 países. O rexedor sinalou que “estes días realicei máis de 50 entrevistas” en todo tipo de medios de comunicación, “continuando hoxe e mañá”, ao que engadiu que “só nas miñas redes sociais alcanzáronse aproximadamente 200.000 impresións”. Neste sentido, Abel Caballero quixo cualificar os datos de asistentes e seguimento como “inenarrables”.
Para que o acendido transcorrese con normalidade, a Polícia Local dispuxo de 55 axentes mobilizados, moitos deles controlando e coordinando os accesos a Porta do Sol xunto a persoal contratado. O alcalde tamén quixo destacar a participación de Protección Civil e a cooperación por parte da Policía Nacional.
A nivel turístico, a ocupación hoteleira foi “practicamente total”, sendo “case imposible conseguir unha habitación o sábado” e acompañado “dunha ocupación altísima no resto da provincia”. O rexedor aproveitou a rolda de prensa para anunciar que o bus turístico comezará a realizar as rutas polo alumeado o próximo 1 de decembro.