Vigo acende “o Nadal en todo o planeta” mañá ás 19:00 horas
Abel Caballero anunciou que poderán acceder 9.000 persoas a praza de Porta do Sol. Este ano a árbore contará con dúas cancións máis, contando cun total de seis.
Esta mañá o alcalde de Vigo confirmou que mañá, sábado 19 de novembro, dará o pistoletazo de saída ao Nadal, co encendido de millóns de luces led instaladas por toda a cidade.
A zona acotada na Praza do Sol poderán acceder 9.000 persoas, para ver en primeira persoa a árbore de Nadal. No resto de rúas non existirá limitación, e incluso se instalarán pantallas para poder seguir a retrasmisión, como sinalou Caballero estarán “na zona final de Policarpo Sánz e outra na farola de Urzáiz”. Tamén existirá un espazo reservado “para as persoas con mobilidade reducida, que deberán acceder por Doutor Cadaval”, e dende alí xa os conducirán ata a zona acotada.
Abel Caballero desvelou unha das grandes novidades da tarde de mañá, a inclusión de dúas novas cancións no xogo de luces que reproducirá a árbore de Nadal sendo: Happy Christmas, de John Lennon; a banda sonora de Piratas do Caribe; a banda sonora do Último Mohicano; All I want for Christmas is you, de Mariah Carey, e como novidade, Englishman in New York, de Sting e o Valls Nº 2 de Dimitri Shostakovich.
Inauguración Palco de Porta do Sol
O alcalde tamén anunciou que esta tarde, ás 18:45h, inaugurase o palco que incorpora a nova praza de Porta do Sol, que estará ubicada nos límites da praza coa rúa Policarpo Sánz.