luns, 14 nov 2022
O alcalde participou este luns na presentación dos actos organizados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra as mulleres. O programa comeza mañá, martes 22 de novembro e remata o vindeiro 2 de decembro.
luns, 14 nov 2022
Máis da metade das achegas de emerxencia son para pagos de vivenda, segundo constatou esta mañá o rexedor. En rolda de prensa, destacou que o Concello está experimentando un incremento de demanda debido á decisión da Xunta de suprimir en xullo a Tarxeta básica de alimentos e outras necesidades básicas.
luns, 14 nov 2022
Abel Caballero visitou este luns na Escola de Enxeñería Industrial o showromm Industria 4.0 no que coñeceu algúns dos proxectos que desenvolve o alumnado nas áreas de mecánica ou robótica. Esta feira, que serve para establecer contactos entre a universidade e a empresa está a desenvolverse como parte da programación das VIII Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI 2022) que comezaron hoxe na Universidade de Vigo.
luns, 14 nov 2022
Este evento celebrarase o xoves 17 de novembro dende as 19:30 ata as 22:30 na Sede de Afundación.
luns, 14 nov 2022
O alcalde advertiu hoxe de novo da necesidade de reparar o muro de peche do CEIP Igrexa Valladares, cuestión da que xa foi informada a Xunta en dúas ocasións. En todo caso e para evitar que esta situación se prolongue, Caballero anunciou que será o Concello o que asuma esta reforma de xeito subsidiario para evitar un “eventual problema”.