Escoitar

O Concello modifica o tráfico para peonalizar o centro no Nadal

A zona centro terá limitación de acceso aos vehículos desde o 19 de novembro ata o fin do Nadal desde as 17:30 ás 00 horas. O plan de seguridade establece un aforo de 9.000 persoas ao redor da árbore para seguir o acto de alumeado da cidade.

luns, 14 nov 2022

O Concello modificará o tráfico durante as datas de Nadal para favorecer a mobilidade peonil pola zona centro da cidade e mellorar o fluxo de vehículos na súa contorna.

Abel Caballero presentou o plan, que dará comezo o sábado 19 a partir das 16:30 horas, coincidindo coa data do alumeado do Nadal, e durará ata o fin das festas. O horario de cese da limitación ao tráfico é as 00 horas, menos os días 24 e 31 e o 5 de xaneiro, que adiantase unhas horas. As rúas co acceso restrinxido ao tráfico serán as seguintes:

-Rúa de Policarpo Sanz

-Rúa de Darío Álvarez Blázquez

-Rúa da Reconquista entre as rúas Marqués de Valladares e Policarpo Sanz

-Rúa de Velázquez Moreno entre Príncipe e Marqués de Valladares

-Rúa Areal entre República Argentina e Colón

-Rúa Concepción Arenal cara a Colón

-Rúa García Barbón entre República Argentina e Colón

-Rúa de Colón

-Rúa Pontevedra entre García Barbón e Rosalía de Castro

-Rúa de Urzaiz entre a Avda. de Gran Vía e rúa de Uruguay

-Avda. Gran Vía ascendente entre as rúas de Urzaiz e María Berdiales

-Rúa de Hernán Cortés entre as rúas Urzaiz e de María Berdiales

-Rúa Areal entre República Arxentina e Colón

O alcalde manifestou que a peonalización de rúas e espazos enteiros da cidade “é algo que aprendimos coa pandemia e é norma no Nadal de Vigo, porque funciona ben e resolve a cuestión de xeito razoable”.

Caballero invitou aos cidadáns e cidadás a minimizar o uso do vehículo privado e acudir a pé ao centro ou utilizar o servizo de bus urbano. O transporte público fora do horario establecido polos cortes de tráfico nos días de máxima afluencia e ata finalizada a tempada de nadal terá as seguintes variantes:

- De Cánovas del Castillo a Colón por Marques de Valadares:

Paradas operativas máis próximas: Cánovas del Castillo 18, Marques de Valadares, Colón, García Barbón 28

- De Urzáiz a Praza Compostela:

Paradas operativas máis próximas: Colón 22, Praza Compostela

Os cambios na circulación en horario de 17:30-23:00 os días de máxima afluencia:

- De Cánovas del Castillo a Urzaiz por Marques de Valadares-Oporto, República Arxentina- Uruguai-Cervantes:

Paradas operativas máis próximas: Cánovas del Castillo 28, Marques de Valadares, Uruguay 18, Cervantes 18, García Barbón 60

- De Urzáiz a Praza Compostela:

Paradas operativas máis próximas: República Arxentina e Gaiteiro Ricardo portela

Durante as datas de Nadal haberá cambios na circulación normal de vehículos que se detallan a continuación:

- A rúa República Arxentina entre entre García Barbón e Uruguay establecese dobre sentido de circulación. O sentido ascendente será exclusivo para transporte público, residentes e aparcadoiros.

- A rúa Uruguay entre República Arxentina e Colón establecese en sentido contrario de circulación para acceso a residentes e aparcadoiros.

- A rúa García Barbón entre República Argentina e Colón serán uso exclusivo para hotel, residentes e aparcadoiros con saída pola rúa Pontevedra

- A rúa Montero Ríos terá permitido o acceso en sentido contrario de circulación dende a rúa Olloqui para acceso exclusivo de autobuses turísticos aos hoteis.

- A rúa Praza de Compostela entre Velázquez Moreno e Colón establécese dobre sentido de circulación para acceso a residentes e aparcadoiro dende a rúa Velázquez Moreno.

- A rúa Colón entre Areal e Rosalía de Castro establécese dobre sentido de circulación para acceso a residentes e aparcadoiro dende a rúa Marqués de Valadares.

- A rúa Velázquez Moreno entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz permanecerá en dobre sentido para o acceso e saída ao parking de Velázquez Moreno con axuda de sinalistas.

- Permítese o paso sentido ascendente na Avda. da Gran Vía entre as rúas Urzaiz e María Berdiales para uso exclusivo do transporte público.

- Establécese dobre sentido de circulación para residentes na rúa de Hernán Cortés entre as rúas de María Berdiales e Urzaiz con acceso dende a rúa María Berdiales

Recoméndanse os seguintes desvíos de tráfico:

- Os túneles de Areal-Beiramar para aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal.

- Avd. Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.

- A saída pola rúa de Isaac Peral aos vehículos procedentes da Autoestrada AP9.

- A Avda. de Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para os vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar

Día do alumeado

O acto do acendido das luces de Nadal está programado para o 19 de novembro ás 20:30 horas, dependendo sempre da situación meteorolóxica. O tráfico estará cortado desde as 16:30 horas nas rúas Policarpo Sanz e García Barbón ata República Arxentina, Colón e Urzáiz ata Gran Vía e as rúas adxacentes, con hora estimada de finalización ás 23:30 horas. O acceso aos garaxes e aparcamentos das rúas afectadas estará restrinxido desde as 18 ata as 22 horas. O rexedor recomendou non utilizar o vehículo privado e desprazarse a pé ou no bus urbano, que terá paradas en Cánovas del Castillo 28, Marqués de Valadares, Uruguay 18, Cervantes 18, García Barbón 60, República Argentina e Gaiteiro Ricardo Portela.

Abel Caballero explicou que o plan de seguridade establece un aforo de 9.000 persoas na contorna da árbore. Poderase seguir a emisión do acto de alumeado en directo en pantallas na Porta do Sol, a farola de Urzáiz, a fonte de Rosalía de Castro e a praza interior do Centro Comercial Vialia.

Descargar todas as imaxes