Vigo terá conexión aérea con Londres
Abel Caballero anunciou que o Concello está a preparar un concurso público para a promoción turística en destino, nesta ocasión con Londres, que terá 3 frecuencias semanais en temporada alta.
Abel Caballero anunciou que o Concello está a preparar un concurso público para a promoción turística en destino, nesta ocasión con Londres, que terá 3 frecuencias semanais en temporada alta.
Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con José Manuel Rodríguez Uribes no que lle trasladou a acción e o traballo municipal a prol da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade.
Abel Caballero celebrou esta mañá o nomeamento de Vigo como a cidade con maíor nivel de inglés de toda España, tal e como se desprende do estudio elaborado por EF EPI 2022. A este respecto, puxo en valor o programa de inmersión lingüística Vigo en inglés que xa beneficiou a máis de 10.000 estudantes.
O goberno local está xa a realizar os traballos de consolidación do talude de San Roque para dotar de seguridade este espazo. O Concello executa unhas obras que durarán dous meses e teñen un orzamento de 109.000 euros que financia Abanca.
O alcalde e presidente da FEMP deu conta sobre as cuestións de mobilidade que están a transformar os municipios. Abel Caballero participou no III Simposio do Observatorio da Mobilidade e as Cidades organiza polo dixital O Español, no que puxo de manifesto os cambios nesta materia, como a aparición das bicicletas eléctricas ou os VMP. "Hai que establecer a sostibilidade no transporte das cidades", expresou no foro. Para Caballero "as Zonas de Baixas Emisións van ser un avance moi importante na calidade de vida das cidades".
Abel Caballero visitou esta mañá o colexio Miralba onde, ademais de visitar as instalacións, tivo a oportunidade de ser entrevistado por un grupo de estudantes. Durante o encontro, Caballero recibiu numerosas suxestións do alumnado para mellorar a cidade.
Sobre unha embarcación e acompañado da Presidenta da Diputación, Carmela Silva, e presidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas Agan+, Manuel Soliño, o rexedor aproveitou para falar das virtudes da cidade para o desenrolo deste tipo de actividades turísticas ante representantes de 10 comunidades autónomas e 16 entidades.