Escoitar

O alcalde convida a toda a cidade a gozar de “Peter, el musical” no Auditorio Mar de Vigo

O espectáculo, que ofrecerá cinco funcións na cidade do 2 ao 4 de decembro, presentouse este martes coa presenza de Abel Caballero, os protagonistas Silvia Villaú e Carlos Benito e o produtor Tomás Padilla.

martes, 15 nov 2022
O alcalde, Peter Pan e o Capitán Garfio durante a presentación do musical
O alcalde, Peter Pan e o Capitán Garfio durante a presentación do musical

“Peter, El Musical” chega a Vigo despois de terse representado en máis de cinco países, acumulando máis de cinco millóns de espectadores. O alcalde trasladou a súa satisfacción pola posibilidade de que o público vigués goce deste “gran musical de fama e prestixio”. Considerado o mellor musical familiar dos últimos anos no noso país, estará en Vigo entre o venres 2 e o domingo 4 de decembro en cinco funcións. Esta mañá foi presentado no Auditorio Mar de Vigo polo alcalde da cidade Abel Caballero, o produtor da obra, Tomás Padilla e os actores principais Silvia Villaú, que interpreta a Peter Pan e Carlos Benito, como o mítico El Capitán Garfio.

Esta superproducción para toda a familia ubica a súa narración en El País del Nunca Jamás, unha illa especial donde viven os nenos perdidos, indios, piratas e sereas máxicas. Esta fermosa historia sobre un neno que non quere medrar e a conservación da inocencia infantil, ponse en escena cunha espectacular coreografía, que contén desde acrobacias a vistosos bailes ao ritmo de estilos como rock, blues ou soul.

Entre os principais personaxes da historia están Peter Pan e El Capitán Garfio, interpretados por Silvia Villaú e Carlos Benito. Ambos manifestaron hoxe en Vigo o seu agradecemento á cidade por acoller o espectáculo, e que vai sorprender aos espectadores, pola súa viscosidade e espectacularidade… e que vai tocar o corazón do espectador, así como o retorno emocionante que teñen sobre o escenario.

Pola súa parte, o produtor Tomás Padilla, avanzou que o espectáculo desprazará a Vigo mais de medio centenar de persoas, que estarán na cidade tres días. Un musical que tamén xera recursos con 50 persoas e 22 actores e actrices.

“Peter, el musical”, producido en España por Theatre Properties, Atresmedia e Grupo Eventix, é unha montaxe que conta coa última tecnoloxía teatral -incluso para facer voar aos actores- para recrear a maxia desta historia lendaria. Este conto creado no seu día por James Barrie, fou representado ao longo de 18 anos por todo o mundo, sumando máis de catro mil funcións e acadando os cinco millóns de espectadores.

Os musicais de gran formato está sendo nos últimos meses unha das liñas fortes da programación do Mar de Vigo. Por Vigo tamén pasarán nas vindeiras semanas outros musicais infantís. O domingo, 27 de novembro chegará “SuperThings”, a versión musical do popular xogo que arrasa entre os rapaces, e o fermosísimo “La Bella y la Bestia”, de La Barbarie Teatro Musical, que estará en dobre función de mañá e tarde o domingo 11 de decembro. Finalmente, en plenas vacacións escolares, o 27 de decembro, terá lugar o tributo a Frozen, “El Origen del Hielo”.

As entradas para todos os espectáculos están dispoñibles na billeteira online www.teuticket.com.

O alcalde, Peter Pan e o Capitán Garfio durante a presentación do musical
Descargar todas as imaxes