O Concello reorganiza o aparcamento para dar servizo aos novos xulgados de Vigo
O alcalde mantivo unha xuntanza co xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, no que acordaron reservar 47 prazas para profesionais que acudan á Cidade da Xustiza.
Abel Caballero e o xuíz decano de Vigo mantiveron unha xuntanza na Alcaldía para estudar a disposición dos aparcamentos para os profesionais dos novos xulgados de Vigo.
O alcalde anunciou en declaracións que haberá 47 prazas na contorna da Cidade da Xustiza, 36 delas na rúa Vázquez Varela con horario establecido para dar uso aos xulgados de 7 ás 15 horas. “O resto do horario seguirá a ser zona XER”, explicou o alcalde.
Por outra banda, si que haberá espazo permanente na rúa Padre Feijóo e Pizarro, con 8 e 3 prazas de aparcamento respectivamente.