Abel Caballero apoia a gala benéfica que realizará Vigo Gastronómico en favor de Bicos de Papel
Este evento celebrarase o xoves 17 de novembro dende as 19:30 ata as 22:30 na Sede de Afundación.
O alcalde presentou esta mañá, xunto a membros de Vigo Gastronómico e de Bicos de Papel, a gala benéfica que realizarán co obxectivo de obter fondos para a asociación que ten como obxectivo axudar as familias con nenos que padecen cancro. Abel Caballero quixo transmitirlles os organizadores que “hónravos unha acción como esta”.
Como trasladaron os membros de Vigo Gastronómico, “todos os beneficios da gala irá a Bicos de Papel. Pomos toda a noso traballo para tratar de lograr a máxima aportación”. A idea do evento é que se converta nun show gastronómico en directo, contando con cociñeiros que elaborarán os pratos que o público experimentará posteriormente. Ademais os asistentes poderán desfrutar do mellor da
coctelería viguesa. Degustaranse 8 pratos cociñados por todos os establecementos que compoñen o grupo Vigo Gastronómico.