As mellores imaxes do Maratón Fotográfico lucirán desde hoxe na Casa Galega da Cultura
Abel Caballero anunciou que esta mesma tarde abrirá ás súas portas na Casa Galega da Cultura a exposición do Maratón Fotográfico. Serán 15 imaxes en gran formato elixidas entre o centenar de participantes nesta vixésimo sexta edición deste certame.

Desde hoxe xoves ata o 29 de xaneiro, poderemos gozar na Casa Galega da Cultura das mellores imaxes da XXVI edición do Maratón Fotográfico. Organizada pola Agrupación Fotográfica de Vigo, en colaboración co Concello, a exposición acolle en gran formato ás quince imaxes seleccionadas polo xurado entre o centenar de participantes neste certame.
O pasados 24 e 25 de setembro desenvolveuse este popular concurso no que os aspirantes debían facer fotografías durante 24 horas sobre catro temas propostos pola organización: circulación, superposición, instinto e aberrante.