Escoitar

O Concello iniciará os próximos días a instalación da cuberta de Marcador

O alcalde deu conta en rolda de prensa do avance das obras no Estadio Municipal de Balaídos, que rematará a obra da grada de Marcador no mes de marzo.

luns, 21 nov 2022

Balaídos será nos próximos días aínda máis celeste coa incorporación da cubrición na grada de Marcador. O Concello comezará a instalación da cuberta co mesmo estilo que en Tribuna e Río, “unhas algas azuis que fan a cubrición maravillosa”, dixo o alcalde.

O alcalde lembrou que esperan rematar a obra da grada no mes de marzo. A nova grada estará 6 metros máis próximo ao pé de campo. O Concello e a Deputación de Pontevedra investiron máis de 30 millóns de euros ata o momento na reforma de Balaídos.

Abel Caballero cualificou Balaídos como o “icono deportivo máis importante de Galicia” e lamentou que a Xunta no colabore no financiamento da remodelación do estadio: “A candidata do PP en Vigo está empeñada en que o Celta marche para Mos”, criticou.

Restos arqueolóxicos

O Concello seguirá as escavacións arqueolóxicas en Elduayen e a zona do Olivo cando remate o Nadal. O alcalde deu conta dos restos atopados nas prospeccións, que cos primeiros datos parece que na parte alta, onde está a fonte, son cimentos e muros de casas, inicialmente sen ningún valor. “Está todo rexistrado e haberá unha valoración posterior”, explicou Caballero, ao que engadiu que “son restos moi deficientes e moi deteriorados”.

“Na parte do Olivo hai un tramo da muralla da cidade ben conservado, na zona onde desemboca Elduayen. Aínda quedan moitos elementos por analizar”, concluíu.

Descargar todas as imaxes