martes, 22 novembro 2022

Vigo recibirá a 600 congresistas de ciencia e telecomunicacións nos primeiros meses de 2023

martes, 22 nov 2022

O alcalde mantivo unha xuntanza coas vicerreitoras de Investigación e Comunicación, Belen Rubio e Mónica Valderrama, para abordar la organización dun congreso de ciencia no mes de marzo e o congreso internacional "EUNIS2023 European Universities and the digital transformation: Challenges and opportunities ahead". Ambas institucións, tanto o Concello como a UVigo, colaborarán na boa marcha dos mesmos. O EUNIS2023 celebrarase no Auditorio Mar de Vigo do 14 ao 16 de xuño. A cidade recibirá con estes eventos ao redor de 600 persoas.