Vigo participa na Semana Europea da Prevención de Residuos
O alcalde avanzou que se realizarán actividades nos 12 puntos limpos móbiles que se efectuarán esta semana, co obxectivo de “potenciar a recollida de roupa e calzado; aceite usado e cousas de bebés”.
Vigo sumouse este ano a Semana Europea da Prevención de Residuos, na que aproveitando os puntos limpos móbiles, realizaranse actividades complementarias, dende o luns 21 ata o sábado 26 de novembro.
Estas accións, que estarán guiadas por azafatas e azafatos, centraranse en: realizar unha información activa á cidadanía, realización dunha pequena enquisa para poder valorar o nivel de coñecemento sobre a xestión de residuos; incentivar a sensibilización para a reutilización e a reciclaxe; ofrecer información sobre recollida de xoguetes e a realización de xogos individuais e en familia. Como resinou Abel Caballero, este proceso conta cun triplo obxectivo, buscando “potenciar a recollida de roupa e calzado; aceite usado e cousas de bebés, como berces ou carriños”.
Estes puntos limpos terán, lugar en dous tramos horarios, polas mañás de 8:30h a 14:30h e de tarde 14:30h a 20:30h. Estarán localizados nas seguintes ubicacións:
- Luns: pola mañá na Praza do Berbés e pola tarde na Praza Eugenio Fadrique.
- Martes: de mañá na rúa León pola tarde en Coia (Rúa Baiona).
- Mércores: pola mañá na rúa Velázquez Moreno e de tarde en Bouzas (Rúa Eduardo Cabelo).
- Xoves: á mañá na Praza de Abastos de Teis e á tarde na explanada do Estadio de Balaídos
- Venres: pola mañá en rúa Subride e pola tarde en Praza Elíptica.
- Sábado: ná mañá no Mercado As Travesas e á tarde na rúa Teixugueiras.