Escoitar

O Concello remodela o módulo cuberto de atletismo baixo a grada de Río en Balaídos

Abel Caballero visitou a remodelada e adaptada instalación deportiva baixo a grada de Río que o Concello porá a dispor dos atletas. A pista ten 5 carrís e 90 metros de lonxitude. O Concello tamén investiu 89.000 euros na reforma dos vestiarios e aseos das pistas de atletismo de Balaídos, para a que xa está en proceso de contratación do proxecto para a súa reforma integral.

martes, 22 nov 2022

O alcalde visitou esta mañá o remodelado módulo cuberto de atletismo situado baixo a grada de Río en Balaídos. Abel Caballero confirmou en rolda de prensa que estará a dispor dos atletas da cidade “de xeito inmediato e de balde”. A pista consta de 5 carrís con 90 metros de lonxitude. O Concello xa ten contratado o tartán para o chan.

“É unha pista baixo a grada de Río. Servirá para os adestramentos, acción deportiva, quentamentos... os días de choiva, por exemplo, cando non se aconsella facelo ao aire libre”, explicou o rexedor, que tamén adiantou que será utilizada polo programa municipal de deporte base das Escolas Deportivas.

En declaracións sobre inversión no deporte, Caballero explicou que investiu 89.000 euros na reforma dos vestiarios e aseos das pistas de atletismo de Balaídos. Tamén está en contratación as novas máquinas do ximnasio, como pesas, barras e outros utensilios para a realización do deporte, cun importe de 18.000 euros. “O Concello está no procedemento de contratación do proxecto da reforma integral das pistas de atletismo de Balaídos”, anunciou.

Campo de Fútbol da Pirucha

O Concello investiu 43.000 euros no cambio da iluminación do campo de fútbol de San Miguel de Oia por un sistema de eficiencia e aforro enerxético. A inauguración será o domingo ás 16:30 nun acto con todas as categorías do club.

Descargar todas as imaxes