Escoitar

O Concello destina 52.000 euros a impulsar a innovación e a inserción social a través do emprego

Abel Caballero anuncia novas axudas para proxectos de investigación e para o programa de agricultura ecolóxica "Verdear" da asociación Alborada.

mércores, 15 xul 2026
Imaxe do DUVI
Imaxe do DUVI

O alcalde informou da aprobación de dúas novas liñas de apoio destinadas a fomentar a innovación, a investigación e a inserción social a través do emprego, cun investimento conxunto de 52.000 euros. Por unha banda, a Xunta de Goberno Local resolveu a convocatoria de subvencións para proxectos relacionados coa investigación, a innovación e o emprego, dotada con 40.000 euros. As entidades beneficiarias son Fundamar, que recibirá 10.777 euros; a Asociación Tecnolóxica Industriosa, con 13.471 euros; Uvigo Motorsport, tamén con 13.471 euros; e a Asociación Clean Energy Ship Uvigo, que contará cunha axuda de 2.279 euros.

Así mesmo, o Concello aprobou un convenio de colaboración coa Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada para desenvolver o programa de incorporación social en agricultura ecolóxica "Verdear", ao que destinará 12.000 euros. Esta iniciativa promove a integración social das persoas usuarias da entidade mediante actividades formativas e ocupacionais vinculadas ás técnicas de traballo en agricultura ecolóxica, favorecendo a adquisición de habilidades e mellorando as súas oportunidades de inserción laboral. 

Descargar todas as imaxes