Escoitar

Caballero pon de manifesto "a vocación de seguir coas humanizacións" no inicio da obra en Mondariz

O alcalde asistiu ao acto simbólico da primeira pedra para a humanización da rúa Mondariz. Esta obra marca o inicio dos investimentos en Coia nos próximos meses por valor de 7,6 millóns de euros.

martes, 14 xul 2026

O investimento na rúa Mondariz é de 780.000 euros. Segundo explicou o alcalde, o proxecto inclúe a renovación de todo o pavimento, a ampliación das beirarrúas para facilitar o paso dos peonís, así como a creación de espazos públicos de calidade nas proximidades do colexio Seis do Nadal, a instalación de novo mobiliario urbano e de elementos vexetais e a reordación de todo o aparcadoiro.

Plan de humanizacións en Coia

A rúa Mondariz é a primeira das humanizacións que o Goberno local levará a cabo en Coia. Os pr´óximos meses tamén comenzarán as obras en Soutomaior e Tomiño, onde se acometerá unha remodelación integral do espazo público para mellorar a accesibilidade e a calidade urbana. As actuacións incluirán a ampliación e continuidade das beirarrúas, a creación de novas zonas verdes e axardinadas, a reorganización das prazas de estacionamento e a renovación das redes de servizos.

De forma paralela, o Concello iniciará tamén a substitución das conducións de abastecemento e saneamento nas rúas A Guarda, Pontecesures, Cuntis e O Porriño, unha actuación dotada con 1,5 millóns de euros.

A estes investimentos súmase o inicio da gran intervención urbana e artística prevista no barrio do Rocío, cun orzamento de 4,4 millóns de euros, destinada a transformar integralmente este ámbito da cidade mediante actuacións de humanización e arte urbana.

Descargar todas as imaxes