Escoitar

O alcalde recibe ao árbitro asistente internacional Adrián Díaz

Abel Caballero recibiu en Alcaldía a Adrián Díaz González, recentemente nomeado árbitro asistente internacional FIFA, acompañado por Cristian Vázquez, delegado da Delegación de Árbitros de Vigo, ademáis doutros cargos do Comité Técnico. O rexedor felicitouno por este fito para o deporte vigués e galego, ao converterse no cuarto árbitro asistente internacional da historia de Galicia e formar parte do reducido grupo de dez colexiados desta categoría en España. Díaz, que deu o salto á Primeira División en 2024, conta xa con experiencia en encontros da máxima esixencia, como o derbi entre o Atlético de Madrid e o Real Madrid disputado en setembro dese ano.

luns, 13 xul 2026
Descargar todas as imaxes