Escoitar

O Concello prorroga o contrato de ornamentación e instalación dos elementos figurativos lumínicos do Nadal

A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación que ascende a 610.000 euros. “Xa estamos cos contratos e co deseño do novo Nadal, que é o que fai que Vigo estea no mundo e que nos proporciona turismo , marca de cidade, nome e admiración en toda Europa”, apuntou o rexedor.

venres, 10 xul 2026

O contrato prorrogado esta mañá inclúe 31 elementos decorativos que se instalarán en distintas rúas da cidade. Entre estes atópanse os 13 sets decorativos das rúas Policarpo Sanz, Príncipe, Eduardo Iglesias, García Barbón, Elduayen e o Casco Vello. Tamén inclúe seis instalacións decorativas lumínicas xeométricas transitables, de gran porte, en Policarpo Sanz, García Barbón, Gran Vía, Vía Norte, Paseo de Alfonso e Elduayen. Ademais, o contrato contempla doce montaxes decorativas lumínicas de tamaño medio, non transitables, nas rúas Príncipe, Policarpo Sanz, Vía Norte, García Barbón, Paseo de Alfonso e Elduayen.

O alcalde avanzou que o Nadal de 2026-2027 contará con numerosas novidades.

Descargar todas as imaxes