Escoitar

Caballero agradece ao Ministerio de Sanidade a proposta de restablecer a Vigo como sede do exame MIR

O alcalde trasladou este xoves o seu recoñecemento á ministra de Sanidade por aceptar a súa petición para volver incluír a Vigo na listaxe de cidades que serán sede da proba de acceso á formación sanitaria especializada.

xoves, 9 xul 2026

Caballero insta ao Goberno galego a aceptar a proposta do Ministerio de Sanidade para que os exames do MIR volvan realizarse en Vigo e demanda ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Sanidade que non repitan as accións que supuxeron a perda da condición de sede das probas realizadas este ano. “Non o imos a tolerar. Desde Vigo non imos tolerar esta nova inacción e este novo castigo da Xunta á cidade”, afirmou.

O rexedor lembra que o Goberno de Vigo, a través da súa reclamación ante o Ministerio de Sanidade e ante a Xunta, e do apoio do Senado á reclamación da senadora e primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, conseguiu o obxectivo de “abrir a porta a que Vigo recupere” os exames.

No borrador da orde que o Ministerio de Sanidade remitiu ás comunidades autónomas, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria das probas selectivas 2026 para o acceso en 2027, figura de novo a posibilidade de elixir a Vigo como sede para realizar o exame.

A opción de realizar as probas en Vigo eliminouse na convocatoria 2026, deixando a Santiago de Compostela como única sede para os exames celebrados en xaneiro deste ano.

Descargar todas as imaxes