luns, 6 xul 2026
O alcalde destacou que a cidade continúa consolidándose como unha gran potencia turística, unha realidade que, segundo sinalou, "se constata no día a día". Así, cifrou a ocupación hoteleira da fin de semana en máis dun 90%, o que confirma practicamente o cheo nos hoteis da cidade. "Abonda con pasear polas rúas para escoitar acentos de toda España e idiomas de moitos países", afirmou, antes de concluír que "Vigo é a cidade turística máis importante de Galicia".
luns, 6 xul 2026
O Concello destina preto de 3 millóns de euros anuais ás nove escolas infantís municipais para nenas e nenos de 0 a 3 anos, que son gratuítas para as familias e financiadas integramente polo Goberno municipal.
luns, 6 xul 2026
Abel Caballero anunciou este luns ao cónsul venezolano, Martín Pacheco Morillo, que a recadación do acto convocado polo Goberno municipal irá destinada a financiar as principais necesidades das vítimas dos terremotos, entre as que destacan, alimentos, auga e medicamentos.
luns, 6 xul 2026
David Regades, delegado da Zona Franca, será o encargado de redactar o pregón dunha celebración que, unha vez máis, reunirá á cidade nos xardíns de Castrelos. O acto do Día de Galicia arrancará ás 20,00 h o próximo mércores 22 de xullo.
luns, 6 xul 2026
Abel Caballero explicou que a partir das 20:15 horas desta tarde permanecerá aberta a zona fronte ao escenario para acceder a unha das 2.500 cadeiras instaladas con motivo do enfrontamento eliminatorio entre as dúas seleccións ibéricas.
luns, 6 xul 2026
Abel Caballero presentou este luns, coa directiva da Comisión de Festas de Santa Eulalia de Alcabre, o programa festivo organizado para os cinco días da celebración. Contará con actividades para todas as idades.