Escoitar

Música, xogos e gastronomía nas festas de Alcabre, do 9 ao 13 de xullo

Abel Caballero presentou este luns, coa directiva da Comisión de Festas de Santa Eulalia de Alcabre, o programa festivo organizado para os cinco días da celebración. Contará con actividades para todas as idades.

luns, 6 xul 2026

O alcalde agradeceu á comisión de festas o seu traballo para ofrecer á cidadanía unha ampla programación festiva desde o xoves 9 de xullo ata o luns 13. Destacou o apoio do Concello, coa achega de 18.000 euros do programa de axudas ás festas patronais, así como con apoio para as carpas e a actuación gratuíta dunha banda de música.

O rexedor destacou a ampla oferta musical, como a actuación, o sábado 11, de Javier Gurruchaga coa Orquestra Mondragón.

Roberto Giráldez, presidente da Comisión de Festas Santa Eulalia, acompañado polos directivos e vogais Carlos Sobreira, Fernando Cerezo, Eva Amoedo e Eber Olmedo, explicou que entre as novidades deste ano destaca a “Festa Gastronómica do Mar” que terá lugar o xoves entre as 19:30 e as 23:30 horas e de 11:30 a 16:00 horas e de 19:30 a 23:30 o venres, sábado e domingo. O presidente da comisión apunta a actuación o venres do DJ Sash, que o sábado actuará en Londres.

Programa

Xoves 9 de xullo

  • 19:30 horas comeza a festa gastronómica do mar de Alcabre.
  • 23:30 horas Verbena coa “Orquestra América de Vigo”.

Venres 10 de xullo

  • 11:30-16:00/19:30-23:30 Festa Gastronómica.
  • 19:30 horas comeza a festa gastronómica do mar de Alcabr.
  • 20:00 horas, actuación do grupo “Os Juais”.
  • 21:00 horas, pregón a cargo do expresidente do Celta Horacio Gómez Araújo e homenaxe aos colectivos do barrio.
  • 22:00 horas, sesión especial dos 80 e 90 con “DJ Oliveira Big-Ou”.
  • 23:00 horas, sesión especial 200-2010 con “José AM”.
  • 12:30 horas, sesión especial dos 90 con “DJ Sash”.

Sábado 11

  • 10:30 horas, pasarrúas pola parroquia a cargo de “Charanga Imperiais”.
  • 11:30-16:00/19:30-23:30 Festa Gastronómica.
  • 13:00 horas, actuación das pandereteiras “Ghandainas” da asociación de veciños Nosa Terra de Alcabre, no torreiro da festa.
  • 18:00 horas, pasarrúas.
  • 19:00 horas, espectáculo infantil e xogos con “Atípico Circo”.
  • 19:30-23.30 horas, festa gastronómica do mar .
  • 22:30, verbena a cargo da discoteca móbil “Urban Discomóvil” e Javier Gurruchaga coa “Orquestra Mondragón”.

Domingo 12

  • 10:30 horas. Pasacalles, a cargo da “Peña Xuntanza”.
  • 11:30-16.00/19.30-23:30. Festa Gastronómica.
  • 11:45 horas, pasacalles da “Unión Musical de Candeán”, desde a residencia de Santa Marta ata a Igrexa.
  • 13:15 horas, concerto no torreiro da festa coa Unión Musical de Candeán.
  • 18:30 horas, cucañas no torreiro a cargo de “CE Orquestra Pantasma”.
  • 19:30-23:30 horas, festa gastronómica do mar de Alcabre.
  • 22:00 horas, verbena co grupo “Tributo a Nacional 81” e a “Orquestra Kubo”.

Luns 13

  • Misa na honra de San Antón

 

 

Descargar todas as imaxes