Escoitar

Kokoro desprega as expresións da cultura xaponesa en 10.000 metros do Instituto Feiral de Vigo

Esta fin de semana, sábado 4 e domingo 5, Vigo acolle a cuarta edición do “Kokoro Japan Expo 2026” . Manga, anime, cosplay e gaming, conforman parte da oferta das dúas xornadas que este ano incorporan novidades como un espazo de 350 metros cadrados para a zona gamer.

venres, 3 xul 2026

O alcalde presentou hoxe, co organizador de “Kojoro Japan Expo”, Óscar Gómez, o xerente de IFEVI, Arsenio Prieto, e a concelleira de Xuventude, María Lago, a nova edición das xornadas dedicadas á cultura xaponesa, anime, cosplay, gaming e entrentemento asiático.

A organización prevé alcanzar os 12.000 visitantes. As actividades comezarán ás 10 da mañá e finalizan ás 21.00 horas.

Actividades

  • Espectáculo de samurais e ninjas, coa presenza salientable de Katanaya Ichi.
  • Concerto de Taiko, coa actuación de Murasaki Taiko.
  • Concurso e pasarela de Cosplay para todos os niveis, con invitados internacionais como Aulin Lab (Italia) Rita Tavares ( Portugal) e Kujalice (España).
  • Zona gamer de 350 metros cadrados, con torneo.
  • Espazo propio de anime con Anime Box, con proxeccións en pantalla xigante de Oshi non Ko e Mao.
  • Nova zona Indie para desenvolvedores emerxentes.
  • A actriz Elena Jiménez explicará o seu traballo de dobraxe.
  • A programación musical contará coa interpretación do pianista de anime e videoxogos Elesky e coa actuación de Icy Amane.
  • Creación de contido en redes con ByXoulz, Mafskiwi, Capi Joseppe e Danii.
  • Talleres da arte do kimono, de sumie e neurociencia.
  • Exposicións de Bonsai , de artes marciais, da moda lolita xaponesa e da literatura.
  • Scape room temático.
  • Oferta gastronómica de comida xaponesa e coreana.
Descargar todas as imaxes