Escoitar

O Concello facilita o seguimento do partido entre España-Portugal na pantalla xigante de Castrelos

Abel Caballero explicou que a partir das 20:15 horas desta tarde permanecerá aberta a zona fronte ao escenario para acceder a unha das 2.500 cadeiras instaladas con motivo do enfrontamento eliminatorio entre as dúas seleccións ibéricas.

luns, 6 xul 2026

O alcalde afirmou que todo Vigo está invitado a seguir o partido entre España e Portugal tanto nas cadeiras da platea do Auditorio de Castrelos, como na zona das bancadas. “Animo a todo Vigo a gozar o partido nunha pantalla inmensa que o Concello instalou en Castrelos”, incidiu.

Espectáculo infantil

Caballero lembrou, así mesmo, que ás 19.00 horas desta tarde comezará o primeiro espectáculo infantil programado dentro das festas de Castrelos: “A gran aventura do pollo Pepe”. O rexedor animou a gozar dunha “gran actuación infantil” que finalizará ás 20.00 horas.

Descargar todas as imaxes