O Concello organizará un concerto solidario con Venezuela
Abel Caballero anunciou este luns ao cónsul venezolano, Martín Pacheco Morillo, que a recadación do acto convocado polo Goberno municipal irá destinada a financiar as principais necesidades das vítimas dos terremotos, entre as que destacan, alimentos, auga e medicamentos.
O alcalde explicou que o concerto, que se celebrará canto antes, será unha “concentración de afectividade” e solidariedade da cidadanía de Vigo co pobo venezolano tras a devastación provocada polos terremotos.
Caballero, pouco antes de asinar no libro de condolencias despregado no consuldado xeral da República Bolivariana de Venezuela, reuniuse cos responsables de Asociación de Venezolanos en Galicia de Pontevedra, Asovedra, Andrea Gómez e Manuel Osorio quen lle trasladou a necesidade de conseguir fondos económicos para financiar, en Venezuela e nos países fronteirizos, a adquisición dos produtos necesarios para atender as vítimas.