O alcalde visita o campamento náutico de Bouzas do programa “Verán Xove”
O alcalde saudou este martes ás 65 nenas e nenos que participan no campus municipal con deportes náuticos e xogos de praia que se celebra no pavillón de Bouzas.
O rexedor destacou a extensa oferta de actividades deseñadas no campus de Bouzas para que os mozos de ata 17 anos desfruten do mar e da praia.
Máis de 4.000 nenos participan, desde xuño a setembro, nos quince campamentos de verán organizados polo concello.
Campamentos
- Alcabre,. Asociación de Vecinos.
- Berbés,. CEIP Ramón e Cajal.
- Balaídos. Pavillón .
- Bouzas. Pavillón e praia.
- Bouzas. Centro municipal.
- Candeán. CEIP Igrexa-Candeán.
- Casco Vello, Méndez Núñez, 3.
- Doutor Fleming, Ceip Fleming.
- ETEA. Pavillón e praia
- Navia. Casa parroquial da rúa San Paio (Navia vello).
- Saiáns. Centro municipal.
- VigoNature.
- VigoNature albergue, albergue con pernoita.
- Ludoteca de Coia. Pavillón de Coia.
- Ludoteca Xuventude. Casa dá Xuventude.