Carreira solidaria pola leucemia de 350 alumnos do CPR Alba
O alcalde felicitou esta mañá ao alumnado do colexio Alba pola súa participación na carreira solidaria “A volta ao Cole” para sensibilizar sobre a importancia da colaboración na loita contra a leucemia infantil.
Abel Caballero destacou o valor da iniciativa do CPR Alba que serve de apoio ao alumno do centro que superou a enfermidade e ademais amosa a importancia da solidariedade con todas as nenas e nenos que padecen ou superaron unha leucemia, amais de reforzar a formación en valores do alumnado.
A carreira celebrada na praza exterior do Centro Comercial Vialia formará parte do recordo do alumnado, segundo indicou o rexedor. “Este é un acto de aprendizaxe e de solidariedade”. Así, animou ao alumnado a gozar da programación organizada polo Concello para este verán, como o festival de cultura urbana O Marisquiño ou os concertos de Castrelos.