Escoitar

O Goberno de Vigo contrata a supervisión da montaxe e desmonte do Nadal

A Xunta de Goberno aprobou este venres a prórroga da contratación do servizo de supervisión dos traballos de instalacións da exposición belenística, os mercados e a megafonía de Nadal.

venres, 19 xuñ 2026

Abel Caballero explicou que o contrato, que ascende a 47.200 euros, inclúe a iluminación decorativa e os sets decorativos, así como a ornamentación, o Belén, os mercados e o servizo de megafonía.

Convenios

Entre os acordos aprobados hoxe polo Goberno municipal atópase o convenio, ata 2029, coa Asociación Española contra o Cancro por 28.000 euros. O obxectivo é apoiar a entidade no desenvolvemento dos programas de atención a 25 pacientes oncolóxicos e a 25 familias. “Hai que mellorar a calidade de vida dos pacientes e apoiar as súas familias con programas específicos de carácter individual, social e grupal”, recalcou o alcalde.

O rexedor avanzou a aprobación do convenio coa Fundación Igual Arte, ata 2029, por un importe de 90.000 euros, destinado a desenvolver actividades do programa “Vigo, arte inclusiva” . Entre estas atópanse o campamento de verán, as Manañas de arte con contos sensoriais e talleres e a iniciativa Arte e Familia, que ofrece espectáculos familiares de animación infantil.

Descargar todas as imaxes