Aprobada a lista definitiva das 1015 becas do programa Vigo en Inglés
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres ás listas definitivas das alumnas e alumnos beneficiarios da convocatoria 2026. A partir do luns e ata o 29 de xuño deberán aceptar ou renunciar á praza para gozar dunha estadía de tres semanas no Reino Unido ou Irlanda aprendendo inglés.
“É un programa de éxito total, ningunha cidade de España ten nada parecido ao Vigo en Inglés”, apuntou o alcalde ao dar conta da aprobación da listaxe definitiva das bolsas concedidas. Son 1015 mozas e mozos vigueses beneficiarios dunha praza no programa de inmersión lingüística municipal que ten un importe anual de 3.284.455 euros.
O Goberno municipal comunicará ao alumnado a resolución e ábrese o prazo para aceptar ou renunciar á bolsa. O alumnado deberán facelo desde o luns 22 de xuño ao luns 29 de xuño.
Tal e como explicou o rexedor, o custo de cada praza do Vigo en Inglés 2026 é de 3.235 euros, financiados polo Concello de Vigo. A bolsa inclúe o importe da matrícula no curso de inglés, o material e os custos de aloxamento con familias, gastos derivados do curso e as actividades extraescolares e de lecer, visitas didácticas, viaxe de ida e volta, transporte urbano e seguros de viaxe e responsabilidade civil.
As mozas e mozos de 14 e 15 anos pasarán tres semanas convivindo cunha familia en Reino Unido ou Irlanda e realizando un curso intensivo de inglés en centros educativos.