Escoitar

Vigo incorpora cinco novos bombeiros como funcionarios de carreira

O alcalde informou do seu nomeamento na Xunta de Goberno Local engadindo que "se incorporarán de xeito inmediato ao traballo unha vez tomen posesión”.

venres, 19 xuñ 2026

Outros 18 bombeiros e 7 condutores bombeiros seguen a facer o curso formativo de 253 horas para, posteriormente, formalizar a toma de posesión definitiva da súa praza.

Abel Caballero lembrou que xa está aprobada a OPE do ano 2025, que inclúe 8 novos efectivos. “Ao completo o cadro de persoal dos bombeiros en Vigo”, concluíu.

Becas deportistas

Caballero tamén deu conta da aprobación das bases e a convocatoria para a concesión de axudas a deportistas de alto nivel. Cun importe de 50.000 euros, poderán optar os empadroados en Vigo nados antes do 2008.

Segundo explicou, as axudas van desde os 500 e ata os 2.500 euros. Os deportistas interesados dispoñen 15 días hábiles para enviar a súa solicitude, unha vez sexan publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia.

Descargar todas as imaxes