O Celta Femxa Zorka prepárase para xogar a fase de ascenso

mércores, 13 mai 2026

Abel Caballero saudou este mércores ás xogadoras, aos cadros técnico e directos e ao presidente do equipo durante a presentación do playoff final polo ascenso á máxima categoría do baloncesto feminino, que se disputará esta fin de semana, o 16 e o 17 de maio, no pavillón municipal de Navia. O alcalde trasladou o apoio do Concello ao Celta Zorka, lembrando que achegará 45.000 euros para sufragar a organización da Final four,

O torneo MS2 Cup reunirá en Vigo a equipos de fútbol base de primeiro nivel

venres, 8 mai 2026

O alcalde saudou este venres na Praza do Bicentenario á organización e parte dos patrocinadores do evento, diante dun autobús promocional rotulado con información sobre o torneo, que se disputará no campo municipal da Madroa en dúas fases: na última fin de semana de maio (categorías sub-16 e sub-14) e na primeira de xuño sub-19, sub-12, sub-10 e sub-8). É a sétima edición deste torneo no que participarán clubs de primeiro nivel como o Real Madrid, Betis, Espanyol ou Barcelona e outros como Oporto ou Benfica así como equipos de Emiratos Árabes ou Australia.

Caballero eloxia a calidade do campus multideporte do Coruxo FC

mércores, 6 mai 2026

O campamento de verán desenvolverase entre o 22 e o 26 de xuño en horario de mañá, con 400 prazas dispoñibles para nenas e nenos nacidos entre 2012 e 2022, que poderán practicar máis de 30 modalidades deportivas. O alcalde participou este mércores na presentación deste campus “fóra de serie” que axuda á conciliación familiar e laboral e que conta coa colaboración do Concello. Amais de poñer en valor a todo o equipo técnico do Coruxo FC e ao seu presidente, Gustavo Falque, felicitou ao club por terse clasificado para o play-off de ascenso a Primeira RFEF e pola temporada que veñen de facer, animándoos ao éxito no reto que teñen por diante: “tedes que gañar, queremos ascender”.

O alcalde anima ás xogadoras junior do Club de Baloncesto Seis do Nadal a gañar o campionato de España

venres, 24 abr 2026

Abel Caballero felicitou onte ás xogadoras do equipo júnior feminino do Club de Baloncesto Seis do Nadal que este mes se proclamou Campión Galego; un título que lles permite participar no Campionato de España de Clubs da categoría Júnior feminina que se celebrará en Huelva do 26 de abril ao 2 de maio. O Seis de Nadal destácase entre os mellores equipos da categoría a nivel nacional. O alcalde trasladoulles o seu orgullo polo esforzo que as levou ao cumio do baloncesto junior feminino e reiterou o apoio do Concello.